MycoGalicia Plantae Produtos Contacto
Start
Identificación
Que é?

O micosafari fotográfico é unha actividade de divulgación micolóxica que realizamos dende MycoGalicia Plantae. Do mesmo xeito que as rutas micolóxicas que realizamos no outono, esta actividade contará con dous monitores que explicarán aspectos ecolóxicos sobre os cogomelos que se atopen no campo.

Dado que a saída realizarase nun espazo natural protexido non está permitida a recollida de ningún exemplar. Este complexo dunar é rico en especies pouco frecuentes en Galicia sendo posible atopar exemplares en practicamente calquera época do ano ao posuír lagoas e humidais costeiros permanentes.

Os asistentes que así o desexen poderán participar nun concurso presentando as fotos que saquen na saída xunto cun pequeno comentario relacionado coas explicacións realizadas polos monitores.

Identificación
Cal é o obxectivo?

Nesta saída de campo realizaranse explicacións sobre os exemplares de cogomelos que se atopen no campo e afondarase nas metodoloxías que se empregan para a súa identificación.

Centrados no espazo natural da Costa da Vela aproveitaremos para explicar que é un espazo natural protexido e as peculiaridades do complexo dunar das praias de Nerga, Viñó e Barra (Cangas).

Aproveitando exemplos in-situ comentarase a problemática das especies invasoras e o perigo que supoñen para a conservación dos espazos naturais protexidos.

Identificación
Metodoloxía docente

Realizaranse explicacións in-situ sobre as especies vexetais e micolóxicas que se atopen durante a ruta. Ademais, dende MycoGalicia Plantae daremos acceso aos asistentes a material dixital complementario con información adicional sobre o percorrido.

Do mesmo xeito que nas rutas micolóxicas que realizamos no outono, daremos acceso material específico para a identificación de cogomelos.

Co obxetivo de asegurar un correcto desenvolvemento da actividade, daremos aos asistentes material auxiliar co que apoiarse en certos puntos clave das explicacións realizadas no campo sobre as especies de cogomelos que se atopen.

Identificación
Que te podes levar

Como premio do Concurso imos regalar unha das guías micolóxicas máis relevantes do noroeste peninsular: Guía Micolóxica dos ecosistemas galegos de Baía Edicións.

Esta guía recolle as 556 especies máis frecuentes en Galicia. As especies veñen agrupadas segundo os seus ecosistemas. Isto é pouco frecuente en moitas obras, destacando a sección de especies dunares, pouco habituais nas obras do noroeste peninsular. Esta guía inclue unha clave dicotómica para a identificación de visu das especies.

Estade atentos xa que haberá unha sorpresa a media mañá para todos os asistentes.

Identificación
Bases do concurso

1. Poderán participar no concurso calquera dos asistentes ao Micosafari fotográfico do Sábado 25 de Maio.

2. Para participar os asistentes deberán tomar unha fotografía no espazo natural da Costa da Vela que deberán publicar a partir das 10:00 do Sábado 25 de Maio nas súas redes sociais (Facebook, Intagram ou Twitter) citando a MycoGalicia Plantae na publicación.

3. Os que prefiran non empregar as súas redes sociais tamén teñen unha forma de participar. Cada participante poderá escoller unha foto dunha selección de fotografías feitas por Mycogalicia Plantae que serán publicadas nas nosas redes sociais (Facebook, Intagram ou Twitter) a partir das 11:00.

4. Cada participante só poderá ter 2 participacións no concurso. A fotografía que acade máis interaccións (Comentarios + Me gusta + Compartir) será a gañadora do concurso.

5. O premio do concurso é unha Guía Micolóxica dos ecosistemas galegos de Baía Edicións.

Facebook

Instagram

Twitter

Acceso