MycoGalicia Plantae Produtos Contacto
Start
O xogo dos cogomelos
Identificación

O xogo dos Cogomelos pretende dar a coñecer diferentes especies de fungos dos montes galegos. Aprender xogando é a mellor forma de lembrarse das cousas. Por iso, mediante xogos de cartas, os máis cativos poderán aprender algúns nomes populares e os nomes científicos destas especies e asociar a morfoloxía do cogomelo con eles.

Xogo de memoria: pon cara abaixo tódalas cartas, dalle volta ás cartas de dúas en dúas ata atopar as parellas.

Parellas: retira do xogo unha Amanita phalloides, repartide as cartas entre os xogadores e descartade as parellas. Cada xogador escolle por orde unha carta do contrario ata quedar sen elas. O xogador que quede coa Amanita phalloides perde.

  • DETALLES
  • Cartas: 52
  • Dimensións: 8,8 x 6,3 cm
  • Gramaje: 350 g/m²
  • Estuche: Incluido
  • Data Publicación: decembro 2018
  • Idade: + 6 años
  • Xogadores: 1-6 (Memoria)
  • Xogadores: 3-6 (Parellas)

10,00 €

Contacta