MycoGalicia Plantae Produtos Contacto
Start
Acerca de nós
A nosa misión

Dende MycoGalicia asesoramos e potenciamos o desenvolvemento dos usos forestais alternativos e sostibles; aplicando técnicas innovadoras e respetuosas co medio ambiente e potenciando ao mesmo tempo o desenvolvemento rural. Para asegurar a máxima calidade, centramos todolos esforzos en aplicar os nosos valores en cada servizo:

  • Respeto e compromiso medioambiental. O compromiso co medio ambiente é un obxectivo prioritario para MycoGalicia. Todas as nosas actividades teñen como eixo central a natureza e a posta en valor dos recursos naturais.
  • Sustentabilidade. A xestión do recurso micolóxico tense que construír en torno a tres alicerces fundamentais:
    1. Conservación ecolóxica do medio que permita a explotación do recurso micolóxico ao longo do tempo.
    2. Xeración de postos de traballo locais.
    3. Viabilidade económica dos proxectos de aproveitamento do recurso micolóxico.
  • Cooperación co desenvolvemento rural. As nosas actividades teñen como eixo central os bosques do rural galego, poñendo en valor a dinamización do medio rural. Ademais os nosos proxectos de aproveitamento micolóxico teñen como obxectivo fundamental a xeración de postos de traballos no medio rural.
  • Innovación. Dende a divulgación ata a investigación, en todos os nosos servizos buscamos as mellores metodoloxías e prácticas que mellor se adapten ás necesidades dos nosos clientes.
  • Compromiso. Identificamos as necesidades dos nosos clientes para desenvolver o proxecto coa máxima seguridade e confianza. Unha vez obtidos os resultados diriximos os nosos esforzos cara a potenciación das capacidades do cliente mediante formación especializada para alcanzar o éxito.
O noso equipo
María

María Cabaleiro Alfaya

Andrés

Andrés Cordeiro Baqueiro

Paula

Paula Estévez Caride

Hugo

Hugo Fernández Ricón

Marisa

Mª Luisa Castro Cerceda

Galardóns

- Gañadores da VI edición dos premios INCUVI-Emprende 2016 da Universidade de Vigo.

- Accesit da II edición dos premios INCUVI-Avanza 2017 da Universidade de Vigo.

- Calificación de IEBT (Iniciativa Empresarial de Base Tecnolóxica) pola Xunta de Galicia que avala a innovación e a mellora tecnolóxica son pilares fundamentais da nosa empresa.