A nosa misión

Promovemos a mellora do estado forestal potenciando o desenvolvemento rural, dende o ámbito da Micoloxía ata o da Botánica e outros campos de traballo relacionados co medioambiente. Ningunha das nosas actividades e dos nosos éxitos teñen sentido se non poñen en valor o noso monte e o medioambiente. Para resolver estas cuestións, unha das nosas principais ferramentas son a divulgación dos coñecementos científicos e a formación medioambiental, de cara ás futuras e ás actuais xeracións, xa que o monte ten que mirar cara o futuro e non só cara o presente.

Os nosos valores

Realizamos todos os nosos proxectos en torno a cinco alicerces fundamentais. Ademais, en todas as nosas metodoloxías perseguimos cumprir coa nosa misión: asesorar e potenciar o desenvolvemento dos usos forestais alternativos e sostibles.

Respetuoso co medio ambiente

Conservación ecolóxica do medio que permita a explotación ao longo do tempo

Desenvolvemento rural

Os proxectos que apoiamos axudan á xeración de postos de traballo locais

Rendibilidade

Analizamos a viabilidade económica da proposta para que poida perdurar no tempo

Innovación

Buscamos metodoloxías e prácticas que se adapten mellor ás necesidades dos nosos clientes

Compromiso

Identificamos as necesidades dos nosos clientes para desenvolver o proxecto coa máxima seguridade e confianza

O noso equipo

MycoGalicia Plantae somos un equipo de biólogos con diferentes especializacións, que achegamos solucións aos problemas dos nosos clientes baseadas no coñecemento científico

Marisa Castro

Directora Científica de MycoGalicia Plantae

María Cabaleiro

Responsable de administración e de formación

Paula Estévez

Responsable de deseño, de programas de I+D e de loxística

Hugo Fernández

Responsable de comunicación, de asesoría e de divulgación científica

Andrés Cordeiro

Responsable de marketing, de plataformas virtuais e de páxinas web