MycoGalicia Plantae Produtos Contacto
Start
Xestión de Coutos Micolóxicos
  • 1. Coutos micolóxicos
  • Tramitación de coutos
  • 2. Permisos de recolección
  • Xestión de permisos
  • 3. Parte de frutificación
  • Parte de frutificación

Dende MycoGalicia deseñamos e tramitamos a posta en marcha de coutos micolóxicos seguindo a normativa vixente na xestión do recurso micolóxico no territorio galego, coa fin de asegurar a xestión sustentable do recurso, empregando as principais medidas para que a recolección dos cogomelos se poidan manter no tempo.

Para apoiar a correcta viabilidade dos coutos micolóxicos propoñemos a xestión integrada dos permisos de recolección que mellor se adapten ao plan de xestión do recurso. Deste xeito énos posible expor unha organización integral coa fin de manter unha serie de servizos de interese para o recolector.

Coa finalidade de mellorar o coñecemento das épocas de frutificación realizamos partes de frutificación que permiten coñecer os mellores momentos nos que realizar unha saída ao campo. A partires dos nosos partes de frutificación ofrecemos información orientativa da frutificación das especies fúnxicas forestais de interese gastronómico.

Por unha xestión forestal sostible.

Aproveitamento recreativo

Visitas guiadas: é posible integrar un servizo de visitas guiadas para a dinamización dos coutos. Unha das mellores maneiras para aprender sobre ecoloxía de cogomelos e especies son as nosas saídas micolóxicas. As saídas son de carácter científico-didáctico guiadas por dous biólogos expertos en micoloxía. Os monitores serán os únicos que leven cesto coa finalidade non esquilmar o monte e poder centralizar as explicacións nos cogomelos de maior relevancia.

(Este servizo pode ser incluído na xestión dos permisos de recolección)

Identificación

Consultoría micolóxica: é posible integrar un servizo de consulta para a resolución das dúbidas que teñan os usuarios sobre os cogomelos. Tal e como indica a normativa galega, para a recolección de cogomelos con fins didácticos ou de identificación, os exemplares deben ser transportados en soportes ríxidos e aireados por todos os seus lados (os cestos son a opción máis cómoda), non debendo exceder en ningún caso os cinco exemplares por especie.

(Este servizo pode ser incluído na xestión dos permisos de recolección)

Identificación
Aproveitamento comercial

Optimización do recurso micolóxico: mediante un correcto traballo silvícola é posible mellorar o recurso micolóxico dos coutos. Realizamos traballos de mellora do recurso co obxectivo de potenciar os fungos de maior interese na rexión. Para iso realizamos estudos micolóxicos e botánicos para avaliar as explotación que permitan unha maior rendibilidade dunha maneira sostible.

Tanto se pretende realizar un couto dende cero como incrementar a produción dun xa asentado é posible mellorar a frutificación de cogomelos cos tratamentos correctos.

Identificación
Contacta connosco

info@mycogalicia.es

886 689 750

Facebook

Instagram

LinkedIn