A muruxaina

Nun pequeno pobo chamado “O Desván dos Monxes” vivía una muller adentrada nos seus bosques. Esta muller era coñecida polos veciños do pobo como “A Muruxa” una muller pouco sociable e a que os nenos calificaban de “bruxa” por todos os coñecementos que tiña sobre plantas e cogomelos medicinais que para eles eran cousa do demo.

Muruxa vivía soa, ata que un incrible día, onde mentres estaba a debullar os garavanzos, se topou no medio dunha cápsula con Garbancito. Garbancito era un cativo do tamaño dun garavanzo, de aí o seu nome, e dende o momento que Muruxa e Garbancito se coñeceron, nunca máis se puideron separar. Un día Garbancito ía de paseo, saltando de cogomelo a cogomelo cantando “pachin pachan a Garbancito no lo piséis…” ata que nun intre, sen darse de conta Garbancito pisou un níscalo (Lactarius deliciosus) que estaba húmido e esvarou, e sen saber como, acabou na boca dunha vaca.

Tras una media hora a Muruxa toda preocupada saíu a buscalo. Buscouno por todos os lados, entre os ourizos das castañas, nas cabazas da horta, xunto os cogomelos que naceran na entrada da casa, pero Garbancito seguía sen aparecer. Muruxa estaba tan triste e desolada que non quería voltar a casa ata encontralo, entón acercouse ao río e berrou:

― ¡Garbancito, Garbancito!

E para a súa sorpresa una pequena voz respondeu:

― ¡Estou aquí Muruxa! ¡Aquí estou!

― Non te vexo Garbancito, ¿onde te metiches? – Pregunta Muruxa toda preocupada

― Estou na boca da vaca. Comeume cando esvarei dun níscalo- Respondeu Garbancito chorando

― Non te preocupes que agora mesmo te saco de aí – Tranquilizouno a Muruxa

A Muruxa sentouse nunha pedra que había xunto o río e púxose a pensar. Tería que ser rápida ou Garbancito sería tragado pola vaca e a tarefa complicaríase moito. Entón a Muruxa tivo una idea, ofrecerlle a vaca un falso níscalo (Lactarius torminosus) e esperar a que a vaca tivera os efectos gastrointestinais, que dito cogomelo provoca para que Garbancito puidese saír. Logo de que isto pasase trataría a vaca con herbas medicinais para que se recuperase de ese mal trago e eliminase a toxicidade do cogomelo.

Tras 10 min de consumir o falso níscalo Garbancito saíu da boca da vaca, e Muruxa colleu a Garbancito e meteuno no peto para que non se perdese de camiño a casa. Con eles levaron a vaca, e ao chegar a casa Muruxa comezou a ferver as herbas medicinais para comezar o seu tratamento.

Mentres estaba preparando a pocema Muruxa descubriu que a vaca tiña unha pata ferida, e preocupada polo estado do animal preparou unha pomada a base dun cogomelo chamado orella de xudas (Auricularia auricula-judae) e vendoulle a pata.

Pasadas unhas semanas a vaca estaba recuperada e Muruxa xunto Garbancito, levaron a vaca ao lugar onde estaba. Alí atoparon un campesiño da aldea que levaba días buscando a vaca e o ver que a Muruxa tiña o seu animal comezou a berrar con ela:

― Muruxa ¿Que fas ti ca miña vaca? – dixo Antonio o campesiño

― A túa vaca comeu o meu Garbancito e tiven que darlle un tratamento para que non o tragara- contestou a Muruxa

― E ¿que lle pasou na pata? ¿Por que a ten vendada? – preguntou Antonio

― Porque tiña una pata ferida- respondeu

O campesiño acercouse a vaca e quitoulle a venda da pata.

― ¡Ten a pata curada! ¡Está curada! – Exclamou exaltado Antonio

― Si, é o que ten a medicina natural, os cogomelos non só serven para comer- Respondeu Muruxa

― ¿Curácheslle a perna cun cogomelo?- Pregunta Antonio

― Si, hai que coñecer moi ben os cogomelos, e saber distinguilos, pero estes poden ser moi útiles, como no caso da túa vaca, que axudaron a cicatrizar e curar a súa pata- Explicouse Muruxa

― Moitas grazas Muruxa, déboche una moi grande- Respondeu Antonio antes de marchar.

Tras a breve conversa Muruxa e Garbancito marcharon para a casa e seguiron coas súas vidas como se nada disto pasase. O día seguinte una morea de xente estaba na porta de Muruxa, todos esperaban a que a gran curandeira Muruxa os vira para poder tratalos. Muruxa non podía entender nada, estaba estrañada, confusa…

― ¿Que facedes todos aquí? ― Pregunta Muruxa Ninguén contesta ― ¿Que esta a pasar? ¿Por que estades na miña casa?

De entre a morea de xente sae un home, dende lonxe a silueta faise coñecida, un home fraco, alto, rubio, con boina… ¿é Antonio? Si, era Antonio, e disponse a falar:

― Muruxa, toda está xente está aquí para verte a ti. Onte, despois de falar contigo baixei o pobo e conteilles a todos o que fixeches pola miña vaca. Conteilles como lle curaches a pata con un cogomelo e tamén como conseguiches salvarlle a vida a Garbancito.

A Muruxa estaba sorprendida, todo o pobo estaba alí para vela e ser aconsellados por ela. Xa non era esa muller, con aspecto de bruxa malvada, xa non era odiada por todos, eses tempos xa pasaron e agora converteuse nunha muller adorada polos seus veciños e gabada polos seu coñecementos e experiencias.

Muruxa por fin era feliz e por fin puido facer feliz aos demais, que foi o que sempre quixo, e xunto a Garbancito, montou o consultorio chamado “A Muruxaina” onde os veciños podían ser atendidos por calquera tipo de doenzas dende una simple alerxia ata problemas tumorais ou renais, sempre tratados con medios naturais, a través de cogomelos e plantas medicinais.

Unha vez instaurado o consultorio Muruxa tamén decidiu realizar visitas guiadas para que os veciños puidesen recoñecer as setas comestibles e diminúan os casos de toxicidade no pobo. Ela quere compartir a súa sabedoría cos demais e os veciños agradécenllo con diferentes agasallo (queixos, chourizos, mantas feitas a man…). Pódese dicir que Muruxa de bruxa piruxa tiña moi pouco, e ao final os cativos do “Desván dos Monxes” elixírona como a persoa máis querida do pobo conseguindo, xunto a Garbancito, vivir felices e comer moitos cogomelos


A relato «A muruxaina» foi presentado por Érika García Cardesín ao concurso de relatos da XXXVIII Semana Micolóxica Galega na categoría de Adultos.