Ampliamos o prazo de inscrición ao obradoiro micoloxía na rede

O pasado mércores 28 de outrubro fixemos a primeira titoría e a presentación do Obradoiro Micoloxía na rede para todos os nosos Alumnos. Grazas ao apoio que tivo este obradoiro engadir novos contidos do mesmo. Tamén decidimos ampliar a inscrición ata o vindeiro Mércores 4 de novembro polo que se tiñas dubidas de como ia funcionar este obradoiro dixital neste video tomado da sesión de onte explicamos todo o funcionamento.

Que é Micoloxía na rede?

Micoloxía na rede é un obradoiro dixital que se centra en que os asistentes aprendan conceptos teóricos sobre Micoloxía e empreguen diferentes ferramentas para a identificación de cogomelos.

O obradoiro contará sesión maxistrais impartidas por videoconferencia e está deseñado para que os alumnos poidan aprender a identificar cogomelos a distancia, empregando láminas de traballo e debates no foro.

A resolución das sesións prácticas e ás dúbidas das sesión teóricas serán resoltas nas titorías grupais que terán lugar cada 2 semanas.

Unidades didacticas

As unidades didácticas son contido teórico no que se alternan presentacións en vídeo e cuestións a resolver estas charlas forman o eixo temático das tres unidades coas que conta o obradoiro dixital Micoloxía na rede.

  • Unidade 0. Introdución
  • Unidade 1. Introdución á identificación de cogomelos.
  • Unidade 2. Bioloxía e ecoloxía dos fungo.
  • Unidade 3. Micetismos – Intoxicacións producidas por cogomelos.

Sesións teóricas

As sesións teóricas é contido teórico en vídeo independente e máis curto que as unidades didácticas. Cada sesión teórica disporá do seu propio cuestionario para avaliar a comprensión dos contidos.

  • As zarrotas e cogomelos semellantes.
  • As cantarelas, trompetas e cogomelos e semellantes.
  • Os níscalos e cogomelos semellantes.
  • Os boletus e cogomelos semellantes.
  • As amanitas e cogomelos semellantes.
  • Outras especies de cogomelos de interese.
  • Nutracéutica e introdución á micogastronomía.

Sesións prácticas

Para reforzar a elaboración de descricións e identificación de especies fúnxicas o obradoiro inclúe contido práctico no que se desenvolveran descricións e láminas de traballo nas que se inclúen imaxes de todas as estruturas do cogomelo. As unidades prácticas estarán compostas por láminas de traballo coas que afondar en aspectos como a identificación ou a elaboración de descricións dos cogomelos.

  • Introdución á identificación de cogomelos.
  • Elaboración de descricións.
  • Os xéneros Lactarius e Russula.
  • Os xénero Macrolepiota e afíns.
  • Os xénero Amanita e afíns
  • Os xénero Agaricus e afíns.
  • Os xéneros Clitocybe e Hebeloma e afíns.
  • Os gasterais.
  • O xénero Boletus e afíns.
  • O xénero Cantharelus e afíns.

Titorías grupais

titotización grupal que terá lugar cada dúas semanas. Nesta sesións resolveremos o contido das seccións práctica e resolveremos as dubidas que puidesen quedar sobre as sesións teóricas. Recomendámosvos asistir a estas sesións aínda que estarán dispoñibles para todos aqueles que non poidan asistir.

  • Titoría grupal 1. Presentación do obradoiro e Unidade 0 (28 de outubro de 18:30h a 20:00h)
  • Titoría grupal 2. Presentación da Unidade 1 (11 de novembro de 18:30h a 20:00h)
  • Titoría grupal 3. Presentación da Unidade 2 (25 de novembro de 18:30h a 20:00h)
  • Titoría grupal 4. Presentación da Unidade 3 (9 de decembro de 18:30h a 20:00h)

Sesión en directo

Grazas ao apoio que tivo esta edición do obradoiro Micoloxía na rede decidimos ampliar as sesión teóricas en directo con tres sesións que complementan o contido deste obradoiro.

  • Elaboración de descricións (4 de novembro de 19:00h a 20:00h)
  • Apaña de cogomelos en Galicia (18 de novembro de 19:00h a 20:00h)
  • Micoloxía. Quen é quen? (2 de decembro de 19:00h a 20:00h)

Inscricións ao obradoiro dixital

O obradoiro Micoloxía na rede dará comezo o proximo Mércores 28 de Outubro. Os Mércores de 18:30h a 20:00h terán lugar as titorias grupais. DATAS: 28 de outubro. 11, e 25 de novembro. 9 de decembro 2020.

Poderedes inscribirvos na nosa páxina web ata o mércores 4 de novembro.