Compostaxe: Ferramenta para dar saída ao residuo verde no sector agroforestal. Iria Villar.

Iria Villar. Grupo de Investigación Bioloxía Ambiental (BA2), Universidade de Vigo. A compostaxe como ferramenta para dar unha saída ao residuo verde no sector agroforestal

A outra cara do monte: Aproveitamentos alternativos

As xornadas A outra cara do monte: Aproveitamentos alternativos foi un evento realizado na Facultade de Bioloxía os días 18 e 19 de setembro de 2019, que contou coa participación de representantes de mancomunidades e propietarios de montes, así como de persoal investigador e estudantes.

O Laboratorio de Micoloxía e a Facultade de Bioloxía son quenes promoveron esta iniciativa, xunto coa spin-off MycoGalicia Plantae. O evento contou co apoio do Consello Social da Universidade de Vigo.

O programa escollido ten como finalidade poñer en común experiencias positivas na procura dun mellor aproveitamento do monte e, ao tempo, converter esta cita nun eixo de formación e de reflexión sobre as alternativas para a contorna forestal e o futuro do rural galego, especialmente deprimido debido ao despoboamento do rural, o abandono dos usos tradicionais, as especies invasoras, a diminución da gandería… en xeral moitas ameazas que sofren os montes e que producen graves consecuencias como son, por exemplo, os lumes forestais.

Podes consultar todos os videos das xornadas A outra cara do monte dende o seguinte enlace