Micobiota nas illas Cíes

O martes 17 de novembro tivo lugar o relatorio de Oscar Requejo. Dende ás 20:00 ata ás 22:00 os participantes da XXXVIII Semana Micolóxica Galega puideron ver o preestreo deste relatorio na que nos achegou ao inicio da divulgación micolóxica na cidade olívica.

Neste relatorio fixose un percorrido polas illas Cies no que se falou da micobiota que pode aparecer neste arquipélago, servido como unha aproximación para descubir á micobiota dos ecosistemas dunares. Este xoves 19 de novembro a partir das 12:00 estará dispoñible este relatorio para todos os públicos. Recordade que podedes facerlle chegar as vosas consultas deixando os vosos comentarios no vídeo.

Sobre o doutor José Rodríguez Vázquez

O doutor José Rodríguez Vázquez é o vicepresidente do Grupo Micolóxico Galego Luís Freire e actualmente ocupase da coordinación da edición da revista científica Mykes publicada polo mesmo grupo.

Realizou a súa tese de doutoramento no Laboratorio de Micoloxía da Universidade de Vigo baixo a dirección da doutora Marisa Castro. Ter realizado esta tese titulada micoflora e micetación dos ecosistemas dunares de Galicia fai que sexa o máis indicado para presentarnos a conferencia de hoxe sobre a conferencia das illas Cíes.