O nacemento da afección á micoloxía en Vigo

O pasado lúns 16 de novembro deu comezo a semana micolóxica galega co relatorio dun dos patriarcas do Grupo Micolóxico Galego, o doutor Floro Andrés Rodríguez. Dende ás 20:00 ata ás 22:00 os participantes da XXXVIII Semana Micolóxica Galega puideron ver o preestreo desta ponencia na que nos achegou ao inicio da divulgación micolóxica na cidade olívica.

Neste realatorio falouse sobre o nacemento a afección á micoloxía en Vigo e como se produciu este paso dende a micofobia tradicional galega. Este mércores 18 de novembro a partir das 12:00 estará dispoñible este relatorio para todos os públicos. Recordade que podedes facerlle chegar as vosas consultas deixando os vosos comentarios no vídeo.

Sobre o doutor Floro Andrés Rodríguez

O doutor Floro Andrés Rodríguez é un dos patriarcas do Grupo Micolóxico Galego. Farmacéutico de prestixio tanto na cidade de Vigo como no resto da Comunidade, unha vez que é numerario da Real Academia de Farmacia de Galicia. Realizou a súa tese doutoral sobre historia da farmacia.

Desde os seus tempos mozos na Sociedade Micolóxica de Madrid, da man de autoridades como Gabriel Moreno ou Paco Calonge comezou a súa andaina de coñecemento, investigación e bo facer no estudio de cogomelos.

Tamén o poderemos escoitar na mesa redonda relacionada coa divulgación micolóxica o próximo venres.