Monte, acción colectiva e multifuncionalidade. Damián Copena.

Damián Copena. Doutor en Economía. Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia (GIEEAH), Universidade de Vigo. As posibilidades de desenvolvemento e aproveitamentos multifuncionais e potenciación da economía ecolóxica no monte galego, impacto na vidano rural e o emprendemento xuvenil na actualidade.

A outra cara do monte: Aproveitamentos alternativos

As xornadas A outra cara do monte: Aproveitamentos alternativos foi un evento realizado na Facultade de Bioloxía os días 18 e 19 de setembro de 2019, que contou coa participación de representantes de mancomunidades e propietarios de montes, así como de persoal investigador e estudantes.

O Laboratorio de Micoloxía e a Facultade de Bioloxía son quenes promoveron esta iniciativa, xunto coa spin-off MycoGalicia Plantae. O evento contou co apoio do Consello Social da Universidade de Vigo.

O programa escollido ten como finalidade poñer en común experiencias positivas na procura dun mellor aproveitamento do monte e, ao tempo, converter esta cita nun eixo de formación e de reflexión sobre as alternativas para a contorna forestal e o futuro do rural galego, especialmente deprimido debido ao despoboamento do rural, o abandono dos usos tradicionais, as especies invasoras, a diminución da gandería… en xeral moitas ameazas que sofren os montes e que producen graves consecuencias como son, por exemplo, os lumes forestais.

Podes consultar todos os videos das xornadas A outra cara do monte dende o seguinte enlace