Obradoiros UVIGO 2º cuadrimestre curso 2021/2022

Obradoiros Uvigo 2º cuadrimestre

Xa está aberto o prazo para inscribirse nos obradoiros que facemos dende Extensión Universitaria da UVIGO do 2º cuadrimestre deste curso 2021/2022! 😊

Podedes ver algo de información no apartado de Actividades da nosa web.

As inscricións tedes que realizalas a través da plataforma da Uvigo “Campus Activo“. O prezo para a comunidade universitaria é de 26 € e para as persoas externas é de 40 €.

Para que sexa máis doada a inscrición, tedes a continuación unha breve descrición de cada obradoiro e picando sobre o seu nome vos redirixe ao lugar exacto de matrícula de cada un.

Domesticación de cogomelos
(campus de Ourense)

Domesticación de cogomelos
(campus de Vigo)

Aprende as destrezas básicas para iniciarte na produción de cogomelos na contorna doméstica. Descobre tamén os cogomelos domesticados máis comúns, as súas metodoloxías de produción e a lexislación relacionada con esta actividade.

Usos das árbores
(campus de Vigo)

Aprende a recoñecer diferentes especies de árbores e arbustos, así como a importancia nos seus usos por parte do ser humano. Realiza saídas de campo polo Campus de Vigo para aprender a recoñecer in-situ diferentes especies vexetais e para finalizar participa nunha saída polo Parque de Castrelos.

Etnobioloxía, a nosa relación coa natureza
(campus de Vigo)

Descobre a relación do ser humano cos organismos do seu entorno ao longo da historia, tanto especies de plantas, de fungos e de animais importantes empregadas con fins alimentarios, medicinais, domésticos e rituais. Ademais, aprende as bases para a identificación destes organismos en campo.

Tedes ata o 10 de febreiro para anotarvos!

Se tedes algunha dúbida, podedes escribirnos a info@mycogalicia.es 😉