Os coutos micolóxicos

Descubre en profundidade cal a situación da normativa de apaña de cogomelos en Galicia. Aínda que xa vos comentamos moito acerca da apaña de cogomelos queremos darvos unha visión máis global. Nesta charla explicarémosvos a importancia da figura dos coutos micolóxicos e como se pode xestionar está figura na nosa comunidade. Tamén falaremos de proxectos de gran importancia na xestión do recurso micolóxico que demostraron o seu éxito no territorio nacional. Inscríbete para asistir en directo do próximo Venres 4 de Decembro ás 21:00h.Inscríbete xa 

Ciencia na casa

O ciclo ciencia na casa é un conxunto de charlas abertas que realizamos durante os meses de Abril, Maio e Xuño. Queremos seguir ofertando contidos científicos para a poboación, polo que continuaremos realizando charla nas que falaremos de diferentes aspectos da micoloxía e da botánica.

Podes consultar todos os videos do ciclo de charlas Ciencia na Casa dende o seguinte enlace

Esta é a nosa forma de ofrecer contidos científicos en aberto para toda a poboación. Na nosa canle de Youtube poderás ver todas as charlas de Ciencia na Casa que te perdiches ou ben volver a reproducir os mellores fragmentos. Presta atención ao noso blog e as nosas redes socias para saber cando realizaremos novas emisión en directo.