Sesións en aberto

O pasado Venres 2 de outubro comenzamos a tempada de outono presentando as actividades en aberto que van a estar a vosa disposición na nosa canle de Youtube. Queres coñecer o que vai ocorrer con actividades como o ciclo Ciencia na Casa ou o Taller Mycokey Galicia?

Descubre a continuación todas as novidades que están por chegar e recorda subscribirte a nosa canle para estar informado de cando comezamos as nosas sesión en directo.

Talleres Mycokey Galicia

Todos os que coñecedes os Talleres Mycokey Galicia sabedes que son unhas sesións en aberto nas que explicamos como empregar a aplicación MycoKey Galicia. Este outono queremos seguir a dinámica que comezamos durante os meses de Maio e Xuño e traervos algunhas novidades asociadas aos diferentes contidos dixitais que estamos a elaborar.

Como ben sabedes, esta actividade dividíase en dúas partes, unha sesión práctica e unha pequena charla sobre diferentes aspectos do mundo da micoloxía. Durante este outono queremos manter esta estrutura pero facendo que participedes máis na elección dos contidos. Para iso propoñémosvos realizar enquisas na nosa páxina de Facebook de maneira que poidades elixir que tema vos interesa máis entre dous que vos propoñamos.

Esta non é a única novidade que imos incluír nos talleres. Queremos xerar unha comunidade que este interesada na micoloxía e en afondar no mundo dos cogomelos. Para isto, creamos un grupo de Facebook no que poderedes falar de todos estes temas: Mycokey Galicia App.

Como é lóxico queremos agradecer a comunidade que participa nas nosas propostas e todos os membros deste grupo terán a súa disposición un glosario micolóxico un conxunto de imaxes que describen dun xeito resumido os termos máis habituais dos nosos textos micolóxicos e ferramentas de traballo. Dado que existe unha certa limitación á hora de facer estas fichas creemos que pode ser unha boa idea propor algunhas sesións do Taller Mycokey Galicia falando de varios termos do glosario en maior profundidade.

As sesión do Taller Mycokey Galicia darán comezo o Venres 9 de Outubro ás 19:00. Recomendámosvos seguir as nosas redes sociais para coñecer todas as actualización sobre esta actividade.

Ciencia na Casa

Outra das actividades que tivo un gran éxito durante os meses de Maio e Xuño foi o ciclo de charlas Ciencia na Casa. Queremos seguir con esta actividade, propoñéndovos temas que sexan do voso interese e achegándonos o máximo posible.

A nosa intención era manter o mesmo deseño que tiñan ata o momento pero debido a diversas dificultades vémonos na obriga de variar un pouco o formato con pequenos cambios que apenas ides notar, pero que a nos fainos todo moito máis doado.

O ciclo de charlas Ciencia na Casa seguirá realizándose en directo pero será preciso que todos os interesados se subscriban dende un formulario da nosa paxina web. Isto fainos máis doado controlar o número de persoas que asiste as charlas e atendelas o mellor posible se hai moito interese nunha destas charlas. Ademais, gazas a isto seranos posible realizar como mínimo unha charla ao mes.

Sabemos que a maior parte de vos non podedes asistir as nosas emisión en directo. Non vos preocupedes, trala emisión as charlas seguiran dispoñibles en aberto para todos vós.

A diferencia do Taller Mycokey Galicia, as sesión do ciclo Ciencia na casa non teñen unha data de comezo. O que si podemos confirmar é que daremos os avisos con dúas semanas de antelación e o horario que temos previsto é arredor das 19:00 ou 20:00. Por iso e recomendable que vos subscribades ao noso boletín ademais de seguirnos nas nosas redes sociais.

Novos formatos: xogos e pasatempos

Sabedes que temos unha aposta en firme pola educación ambiental e a formación dos máis cativos. Realizamos materiais exclusivos que serven para dar a coñecer o mundo dos cogomelos como o conxunto de libros A miña primeira guía micolóxica ou o Xogo dos cogomelos. Isto é parte do que está por chegar.

O pasado 30 de setembro creamos un novo proxecto para que todos os que teñades algún libro de A miña primeira guía micolóxica poidades desfrutar. Trátese dunha paxina en Facebook na que subimos xogos e pasatempos que sirvan como recurso didáctico complementario aos contidos dos libros.

Propuxémonos que estes xogos estivesen dispoñibles para todos os públicos, e aínda que recomendamos empregar os libros como complemento didáctico todos os que non poidades acceder a eles poderedes atopar a solución dos xogos dentro doutros pasatempos da mesma serie.

Por iso se todo sae adiante queremos realizar sesións en directo resolvendo algúns destes xogos e mostrándovos os nosos produtos para que poidades sacarlle máis partido aos libros e xogos deseñados por MycoGalicia Plantae.

Estas sesións temos previsto realizalas cada dúas semanas os Lúns ás 19:00. Recomendámosvos seguir as nosas redes sociais para saber se existe algunha variacións nos horarios.

Que ocorrerá cos vídeos curtos

Nos últimos meses vimos extraendo pequenos fragmentos do ciclo de charlas Ciencia na Casa e publicándoos na nosa canle de Yotube. Xa vistes que levamos un pequeno atraso con respecto aos vídeos que estamos a subir. Sen embargo seguimos crendo que ten valor para o novo público que volvamos a subir as pequenas temáticas máis especificas que se poden ocultar dentro destas charlas.

Pensando un pouco como poderíamos engadir valor a todos os que xa virades as charlas encontramos unha solución. Subir o contido a nosa páxina web ampliando a temática deste vídeo. Este cambio, que xa vimos realizando dende a renovación da nosa páxina web, creemos que pode ser o máis importante cara os novos vídeos que vaiamos subir.

Que quere dicir isto? Que se vedes un novo vídeo noso publicado na nosa canle de Youtube poderedes pasarvos pola nosa páxina web para consultar unha pequena ampliación do tema que se trata.

Eventos e outras actividades

Durante este ano vistes como publicamos unha serie de vídeos sobre o evento “A outra cara do monte”. Este outono imos realizar outro tipo de eventos pero dada a situación actual serán emitidos na nosa canle de Youtube. Recomendámovos que esteades atento xa que as dinámicas que van a realizar poden ser importantes para visualizar dito contido.

En calquera caso se nos seguides nas nosas redes sociais estaredes informados de todo o que está por chegar.