Couto Micolóxico Souto do Pereiral

Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Rebordelo

Ficha do couto

  • Nome do coutoSouto do Pereiral
  • TitularesComunidade de Montes Veciñais en Man Común de Rebordelo
  • Extensión do couto5.90 ha e 9,40 ha en Coto do Facho
  • Permiso apaña recreativo

    Diario: 5 €
    Anual: 35 €

  • Cupo permiso recreativo2 kg/día
  • Especies que se poden apañarBoletus edulis, Boletus reticulatus, Lactarius deliciosus, Cantharellus cibarius
  • Actividades complementarias co permiso anualSaídas de campo (desconto 10%), eventos e consulta micolóxica

Mapa do couto

Mercar permisos

Os permisos de apaña emitidos pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Rebordelo son validos todas as súas áreas acoutadas: o couto Souto do Pereiral no monte Coto do facho e o couto Souto de San Brais no monte Sabugueiro.

Permiso diario recreativo

(5€)

    Inserir data de validez

    O permiso recreativo diario ten un prezo de 5 € e só é vixente na data que se indique como data de validez. Cubre a data de validez do formulario antes de realizar o pagamento. A expedición dos permisos tarda entre 24 e 48h. Se prefires realizar un pagamento por transferencia bancaria podes contactar connosco no enderezo info@mycogalicia.es. 

    Permiso anual recreativo

    (35€)

    A data de validez será dun ano dende a data de emisión

      O permiso recreativo anual ten un prezo de 35 € e só é vixente na data que se indique como data de validez (1 ano dende a data de emisión). A expedición dos permisos tarda entre 24 e 48h. Se prefires realizar un pagamento por transferencia bancaria podes contactar connosco no enderezo info@mycogalicia.es. Dentro das actividades asociadas ao permiso recreativo inclúese: Boas prácticas do apañador de cogomelos (pdf). Ademais, dentro do permiso Anual poderás obter a outras vantaxes: Saídas de campo (desconto 10%), eventos e consulta micolóxica.

      Máis información

      A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Rebordelo posúe dúas áreas acoutadas para a xestión do seu recurso micolóxico dun xeito sostible. O couto Souto do Pereiral no monte Coto do facho e o couto Souto de San Brais no monte Sabugueiro. O aproveitamento proposto busca ser respectuoso coa diversidade e o medio ambiente xa que se atopan incluídas dentro do proxecto de custodia do territorio Couto da Eirexiña.