Séguenos en:

Educación ambiental e formación

O noso compromiso coa educación ambiental de calidade está presente en todas as nosas actividades. Por iso, ao longo do ano realizamos obradoiros (actividades eminentemente prácticas), charlas divulgativas e saídas de campo. Co obxectivo de trasladar a ciencia a todos os públicos, especialmente a micoloxía, botánica e os recursos naturais.

Bótalle unha ollada as nosas actividades

Taller Mycokey Galicia

Taller Mycokey Galicia

Sesións en aberto

Nestas sesións en aberto explicamos cal é a metodoloxía que se emprega para identificar cogomelos. Descubre máis acerca dos cogomelos e aprende a usar a nosa aplicación nosa aplicación Mycokey Galicia.


Ciencia na casa

Ciencia na casa

Sesións en aberto

Esta é a nosa forma de ofrecer contidos científicos en aberto para toda a poboación. Na nosa canle de Youtube poderás ver todas as charlas de Ciencia na Casa que te perdiches ou ben volver a reproducir os mellores fragmentos. Presta atención ao noso blog e as nosas redes sociais para saber cando realizaremos novas emisión en directo.


Tardes micolóxicas: Cogomelos de primaveira

Tardes micolóxicas: Cogomelos de primaveira

Obradoiro (20h)

Neste obradoiro aprenderás a empregar varias ferramentas prácticas para a identificación de cogomelos. Cada tarde realizaremos saídas polo Campus de Vigo para descubrir algúns cogomelos de primavera e aprender a recoñecer in-situ como se identifican.

Máximo de participantes: 12

Inscricións: 9 de Marzo - 6 de Abril

Pechado

Micoloxía na rede: aprende a recoñecer os cogomelos de primaveira

Micoloxía na rede: aprende a recoñecer os cogomelos de primaveira

Obradoiro dixital

Se queres aprender máis sobre cogomelos, pero non sabes por onde comezar, este obradoiro é ideal para ti. Moitas persoas teñen interese por desfrutar da natureza en familia e aproveitan para descubrir máis acerca dos cogomelos. Neste obradoiro dixital resumimos máis de 5 anos de traballo nos que analizamos a mellor maneira de iniciarse no mundo da micoloxía.

Inscrición reducida: ata o 13 de Marzo

Inscricións: 28 de Xaneiro - 25 de Febreiro

Pechado

Como coñecer as árbores que te rodean

Como coñecer as árbores que te rodean

Obradoiro (30h)

Neste obradoiro aprenderás a recoñecer diferentes especies de árbores. Realizaranse varias saídas polo Campus de Vigo para aprender a recoñecer in-situ como se identifican as especies vexetais. Como remate realizarase unha saída de campo polo Parque de Castrelos para coñecer mellor este Xardín Histórico e Ben de Interese Cultural.

Máximo de participantes: 20

Inscricións: 28 de Xaneiro - 25 de Febreiro

Pechado