Semana micolóxica: MycoVigo 2020
Semana micolóxica galega
Edición XXXVIII
16-22 Novembro 2020
Conferencias, mesa redonda, exposicións e concursos

Últimas entradas
Mesa redonda
20 Novembro 2020
Divulgación micolóxica
O venres 20 de Novembro temos preparada unha mesa redonda na que falaremos sobre a divulgación en micoloxía. Comentaremos a orixe da divulgación micolóxica en Galicia, as entidades e persoas que durante anos se encargaron de dar a coñecer o mundo dos cogomelos da situación actual da micoloxía na nosa comunidade autónoma. Se queredes estar informados de todas as novidades sobre a mesa redonda e achegarnos as túas consultas, recorda inscribirte nestas xornadas.
Exposición micolóxica
16-22 Novembro 2020
Exposición micolóxica digital
Poderedes gozar dunha das nosas exposicións micolóxicas pero por primeira vez completamente dixital. Durante esta semana tamén estará a vosa disposición unha exposición dos relatos e fotografías que nos envíen todos os participantes. Será a nosa maneira de que todos poidades gozar da XXXVIII Semana Micolóxica Galega.
Concurso de relatos e fotografía micolóxicos

Concurso de relato micolóxico

Concurso de fotografía micolóxica
Organizadores


