Asesoría micolóxica

Asesoría micolóxica

Planificación e deseño de proxectos de explotación, recolección e cultivo de cogomelos, así como de coidados forestais e de optimización do recurso micolóxico para aproveitamento comercial

Deseño de rutas micolóxicas e botánicas

Axuda para poñer en valor os recursos micolóxicos e botánicos dun territorio de cara a potenciar á súa visibilidade ante visitantes da rexión

Deseño de centros de interpretación

Axuda na creación de recursos visuais e elementos didácticos relacionados co medio ambiente para casas museo e centros de interpretación

Xestión de Coutos Micolóxicos

Xeración do couto

Tramitamos a posta en marcha de coutos micolóxicos seguindo a normativa vixente na xestión do recurso micolóxico no territorio galego, coa fin de asegurar a xestión sostible do recurso, empregando as principais medidas para que a recolección dos cogomelos se poida manter no tempo

1

Desenvolvemento do couto

Realizamos un estudo da micobiota da zona acoutada ou a acoutar e deseñamos a sinalización, os permisos e o regulamento do couto. Ademais, tamén impartimos formación para comuneiros

2

Consolidación do couto

Promocionamos o couto micolóxico e tamén realizamos actividades divulgativas para potenciar o seu crecemento e dinamizar o aproveitamento recreativo, como visitas guiadas de carácter científico-didáctico

3

Permisos de recolección

Xestionamos os permisos de recolección do couto para apoiar a correcta viabilidade do mesmo no tempo, ademais de ofrecer unha serie de servizos de interese para o apañador de cogomelos

4

Todos so servizos de apoio aos coutos poden contratarse de xeito independente ou conxunto

*Tanto se desexas realizar un couto dende cero, como incrementar a produción dun xa asentado, é posible mellorar a frutificación de cogomelos cos tratamentos axeitados.

Por unha xestión forestal sostible!